mércores, 26 de xuño de 2024

Visita a VigoNature

 Ola de novo rapazada excursionista!

O pasado 19 de xuño visitamos as instalacións de VigoNature, o que antes era Vigozoo.

Fixemos un montón de actividades coas que descubrimos moitísimas curiosidades dos animais, fixemos experimentos super interesantes coa auga, aprendimos un montón dos planetas e tocamos, sí sí, tocamos e tivemos nas nosas máns reptiles do máis curioso!

Aquí vos deixo unhas fotos moi chulas para que vexades o ben que o pasamos e disfrutamos nesta xornada na natureza tan preto do noso cole e ao que podemos ir sempre que queramos coas nosas familias e seguir aprendendo moitas cousas do mundo animal e vexetal.



               Preparámoslles a merenda ao burros, que ben a comían!

Coñecimos moitas anécdotas e modos de vida dos suricatos, avestruces, porcoespín, oso....
 





 Fixemos un experimento súper interesante sobre o ciclo da auga👀

E... moi comodamente descubrimos abraiados a formación dos planetas, estrelas e satélites.




2 comentarios:

  1. Si fue muy divertido(⁠≧⁠▽⁠≦⁠)

    ResponderEliminar
  2. Sí Laida, pasámolo xenial. Enseguida poño fotos!

    ResponderEliminar

Grazas!