luns, 25 de maio de 2026

A Civiliación grega.

Bueno, queridos rapaces/as de 4º, continuando coa Idade Antiga tócalle o turno á Civilización grega.

Os gregos deixáronnos moitas cousas moi importantes e interesantes para a nosa sociedade como a democracia, a filosofía, a política o teatro e as olimpiadas!

Mirade este vídeo e veredes por que o digo.... 




 

martes, 19 de maio de 2026

A Idade Antiga. Os pobos prerromanos na Península Ibérica

 

Bueno rapazada espilida de 4º, acabamos a prehistoria e coa aparición da escritura hai uns 5.500 anos iniciamos unha nova etapa: a Idade Antiga e con ela saberemos as nosas orixes e as pegadas que nos deixaron os Íberos, os Celtas, os Fenicios, os Gregos e os Cartaxineses antes da chegada dos Romanos.

Disfrutade e aprendede moito con este novo vídeo! 

martes, 12 de maio de 2026

xoves, 7 de maio de 2026

mércores, 6 de maio de 2026

luns, 9 de marzo de 2026

Instruccións vestiario da Reconquistiña

 Ola rapazada de 4º!

Deixámosvos aquí unhas sinxelas ideas de como podedes ir vestidos/as de valentes vigueses/as para recuperar a nosa cidade de mans dos franceses o vindeiro luns 23 de marzo.

Moito ánimo e....a por todas!

 


 

xoves, 15 de xaneiro de 2026

sábado, 22 de novembro de 2025

25 de novembro. Día internacional contra a violencia de xénero.

 Bo día nenas e nenos de cuarto!

Hoxe é un día moi pero que moi importante para as mulleres e as nenas xa que se celebra o día internacional contra a violencia machista.

Sabedes de que trata?

Pois veredes, nestes vídeos que vos poño exemplifícase moi ben que cando un home non trata ben a unha muller está cometendo un grave erro contra a súa dignidade e integridade física e psicolóxica.

Isto non debería de ocurrir nunca pero cando é así debemos de protexernos e poñer solucións para evitar estes malos tratos porque nos fan sentir moi mal.

Seguro que entre todas e todos imos poñer o noso granciño de area para evitar estas conductas machistas , verdade?