domingo, 24 de novembro de 2024

25 de novembro. Día internacional contra a violencia de xénero.

 Bo día nenas e nenos de terceiro!

Hoxe é un día moi pero que moi importante para as mulleres e as nenas xa que se celebra o día internacional contra a violencia machista.

Sabedes de que trata?

Pois veredes, nestes vídeos que vos poño exemplifícase moi ben que cando un home non trata ben a unha muller está cometendo un grave erro contra a súa dignidade e integridade física e psicolóxica.

Isto non debería de ocurrir nunca pero cando é así debemos de protexernos e poñer solucións para evitar estes malos tratos porque nos fan sentir moi mal.

Seguro que entre todas e todos imos poñer o noso granciño de area para evitar estas conductas machistas , verdade?


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas!