Bueno, rapazada espilida de 4º, chegou o tan ansiado final de curso, logo de moito madrugar, deberes, exames, algunha que outra regañina das profes...e como non recreos cheos de xogos e diversión, saídas e excursións e un largo etc. de actividades súper divertidas e de aprendizaxe e agora toca desconectar ata setembro.
Verán, solciño,praia, xogos interminables, olvidarnos de despertador, comer moitos xeados...
Toca desconectar cun merecido descanso para todos/as.
As profes Lorena e Luisa sentímonos felices e moi orgullosas de haber traballado xuntas este curso cuns nenos/as tan especiais e marabillosos coma vós, dos que nos levamos moita enerxía bonita no noso corazón.
Desexámosvos un moi feliz verán e que disfrutedes moito das vosas vacacións.
Non vos esquezades de ser moi felices e xogar moito ao aire libre.
Un biquiño moi pero que moi gordo das vosas profes!!!
Feito moito de menos as clases 🥺
ResponderEliminarBo verán pra todos
ResponderEliminar