Ola rapazada de terceiro!
Que ben o pasamos hoxe visitando o museo SALINAE, en pleno centro da cidade de Vigo e onde por casualidade da vida...uns arqueólogos descubriron nada máis e nada menos ca unhas salinas romanas!
É moi importante porque se trata da única salina romana en Vigo de evaporación solar, conservada e musealizada do Imperio Romano. Casi nada!!!!
Vos deixo aquí unhas fotos para que recordemos cousas importantes que aprendimos na visita coma utensilios que utilizaban os romanos, como extraían a sal do mar e os diferentes usos que facían del. E todo isto hai máis de 2000 anos!
Nesa época esta salina estaba situada ao nivel do mar e unha gran ensenada cunha enorme praia ocupaba todo o horizonte.

Estas son as LUCERNAS, lámpadas de aceite utilizadas polos romanos.
Aquí podemos ver o funcionamento dunha instalación salineira e como os romanos producían sal na superficie das cubetas. Estos restos recuperados da salina nos amosan as parcelas separadas con muros para as distintas fases da elaboración da sal.
Estas salinas foron explotadas durante os séculos I-II d.C., cando a cidade de Vigo era moi diferente a como a coñecemos hoxe.
Por último vemos aquí os diferentes usos que se facía da sal.
É que os romanos eran moi listos e sabían sacarlle moito proveito a case todo!!!😅
Ola nenas e nenos de 3º! Non deixedes de escribir aquí os vosos comentarios e contar que vos pareceu a saída ao museo Salinae e o que aprendestes nel e....non deixedes tampouco de visitalo coa vosa familia ademais de ser moi interesante é de balde!!!
ResponderEliminar