Ola rapazada de 3ºB!
Cantas cousas fixemos e reflexionamos estes días pola celebración do 8 de marzo: mural, carteis, gafas violetas, postal adicada a unha muller especial, lectura de contos coeducativos, mans pola igualdade...
Todas estas actividades nos axudaron a reflexionar e coñecer un pouco mellor a situación das mulleres no mundo, non sempre respectada nin valorada tanto en tempos pasados coma aínda na actualidade.
Estes son algúns dos contos de temática coeducativa que estamos a ler na clase.Estamos aprendendo moito deles!
Mirade que bonito nos quedou o mural con tantas mensaxes importantes que nos inspirou o día da muller.
Si é que é moi sinxelo!
Ponte as gafas violeta e verás a vida de outra maneira.
Verás a vida dende a igualdade!


Síntome moi orgullosa de todos os traballos que o alumnado de 3ºB en xeral e as nenas e nenos de valores en particular fixestes sobre o día da muller e o ben que soubestes plasmar nos carteis todas as reflexións que saíron das vosas mentes e do voso corazón. Noraboa a todos e todas! Profe Luisa.
ResponderEliminarEncántame todo o traballo realizado! Estades moi implicados !
ResponderEliminarNoraboa! moitos bicos da profe Raquel!
Moitas grazas profe Raquel!
EliminarMe encanta el video del mural profe
ResponderEliminarSí David, o certo é que nos quedou moi chulo!
EliminarGrazas polo teu comentario. Biquiños, luisa.
me encanta todo profe.
ResponderEliminarson Vera.
Alégrome que te guste todo Vera,mérito voso!
EliminarUn biquiño,Luisa.
profe a min tamen gustoume todo porque cando veo o mural veo xustiza e moooooito merito, bicos mara.
ResponderEliminarQue bonito o que contas e transmites co teu comentario Mara!
ResponderEliminarUn bicazo e a loitar sempre polos dereitos das nenas e das mulleres!