domingo, 3 de decembro de 2023

Homenaxe ao Hematocrítico

Esta semana iniciamos o colexio cunha triste noticia, o repentino falecemento do escritor e mestre Miguel López, máis coñecido como o Hematocrítico.

Con el rimos, disfrutamos e compartimos lecturas e especialmente o noso libro favorito "Feliz Feroz" pero tamén coñecimos outras moitas obras: Barbaruela, leyendas del recreo, Muerto de hambre,Truco o trato,Dona problemas, Agente Ricitos etc.

Grazas Hematocrítico, alí onde estés te recordaremos polo teu inxenio e polas túas lecturas.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas!