Visita da autora María Canosa. "Rubicundo"
O pasado 13 de xuño tivemos o inmenso pracer de recibir no noso colexio á autora de Rubicundo, a lectura que tanto nos gustou e coa que disfrutamos un montón!
Fixémoslle moitas preguntas sobre a novela, que ela con moita paciencia e dedicación nos foi respondendo e ao final asinounos a todas e todos o noso exemplar.
Canto se aprende dos escritores e escritoras, das súas experiencias coma lectores e creadores de historias e sobre todo cando se mostran tan cercanos coma María Canosa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas!